Espacio web de iniciativa cidadá do barrio do Caramecheiro situado no extremo nordeste da parroquia de Santa Uxía do concello de Ribeira, na bisbarra da Barbanza, na provincia da Coruña, nunha comunidade autónoma histórica chamada Galicia situada no extremo noroeste dun estado chamado España que, á súa vez, está nun continente chamado Europa compartindo espacio, pasado, presente e futuro con outros estados, sendo Europa un dos cinco continentes do planeta Terra que emerxen sobres as augas oceánicas recentemente envelenadas polos verquidos do Prestige, planeta ameazado polas inclinacións belicistas dalgúns gobernantes e polas infames accións de grupos terroristas que poñen en perigo a supervivencia do ser humano.

En cada sección colocaranse informacións e opinións remitidas por cidadáns e cidadás que queiran colaborar neste espacio de xeito altruísta e respectando sempre os dereitos de terceiras persoas.

Este espacio non ten interese comercial algún polo que non conterá publicidade e tódolos servicios serán totalmente gratuítos.  

 

Os enderezos electrónicos e outros datos aportados por remitentes non serán incluídos en bases de datos, libretas de direccións ou listados.