| Ordenanzas municipais e regulamentos |
|
|
|
Fonte: BOP da Deputación da Coruña |
|
Aprobación definitiva do Regulamento municipal do servizo de axuda no fogar e teleasistencia domiciliairia (BOP 23-04-2005) O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria, celebrada o día 29 de novembro de 2004, aprobou inicialmente o Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar e Teleasistencia Domiciliaria. Unha vez transcorrido o prazo de información pública, sen que se presentaran reclamacións ou suxerencias, considérase aprobada definitivamente o referido Regulamento segundo o texto que a continuación se reflexa no anexo. O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, facendo constar que os interesados poderán interponer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia do devandito Regulamento, conforme o disposto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interponer calquera outro recurso que consideren pertinente. Riveira, 11 de abril de 2005, O ALCALDE, Asdo./. José Luis Torres Colomer.
Aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións (BOP 11-03-2005) O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de xaneiro de 2005, aprobou definitivamente a Ordenanza Municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións. O que se fai público para xeral coñecemento, segundo o disposto no artigo 70 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, facendo constar que os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia da devandita Ordenanza, conforme o disposto no artigo 107.3 da Le¡ 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente. O texto íntegro da referida Ordenanza é o que a continuación se reflexa no anexo. Ribeira, 28 de febreiro de 2.005 O ALCALDE, Asdo: José Luis Torres Colomer.
Aprobación definitiva das ordenanzas municipais para o vindeiro ano 2005 s/ acordo do Pleno da Corporación de data 27.12.04 Riveira, 28 de diciembre de 2004. O alcalde acctal., Francisco Sieira Fernández.
Aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia e da taxa polo servicio de saneamento (BOP 27-03-2004) Rematado o prazo de información pública dos acordos de modificación da Ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa polo servicio de saneamento e de aprobación da Ordenanza número 35, reguladora do prezo público pola prestación dos servicios do centro de atención á primeira infancia de Ribeira sen que se presentasen alegacións, de acordo coa normativa vixente, procédese á publicación íntegra do texto dos acordos correspondentes. Ribeira, 11 de marzo de 2003. O alcalde, José Luís Torres Colomer. O secretario, Manuel Carrasco Uceda.
Aprobación definitiva das ordenanzas municipais para o vindeiro ano 2004, s/ acordo do Pleno da Corporación de data 13.11.2003 (BOP 31-12-2003)
Rematado o prazo de información pública do acordo de aprobación inicial das Ordenanzas Municipais para o exercicio 2004 sen que se presentaran alegacións, de acordo coa normativa vixente, procédese á publicación íntegra dos textos das modificacións correspondentes. Ribeira, a 29 de decembro de 2003. O alcalde, José Luis Torres Colomer. A secretaria accidental, María Sieira Ríos.
Ordenanzas fiscais. Rectificación de erros (BOP 29-05-2003)
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 7.5.2003, aprobou a seguinte rectificación de erros materiais apreciados no texto das ordenanzas fiscais números 23, imposto sobre bens inmobles, e 24, imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Modificación de ordenanzas fiscais para 2003 Para o 2003 están en vigor as ordenanzas do 2002 agás as nº 23, 24, 25, 28 e 29 das que se publicou no BOP a aprobación de modificacións con data 30-03-2003. Modificación de ordenanzas fiscais (BOP 30-03-2003) Remato o prazo de información pública do acordo de aprobación inicial da modificación das Ordenanzas Muncipais para o exercicio 2003 sin que se presentaran alegacións, de acordo coa normativa vixente, procédese á publicación íntegra dos textos das modificacións correspondentes. Ribeira, 28 de marzo de 2003. O alcalde, Asdo.: José Luis Torres Colomer. <<--------------->> O Pleno da Corporación, en sesión de 17-02-2003, aprobou inicialmente o expediente de modificación das Ordenanzas municipais número 23, 24, 25, 28 e 29 para o presente ano 2003. Segundo o previsto nos artigos 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Facendas Locais, este acordo inicial sométese a exposición pública, a efectos de reclamacións e suxerencias perante o Pleno, por un prazo de trinta días a contar dende a data de publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia. <<--------------->> O Pleno da Corporación, en sesión do 28.10.2002, aprobou inicialmente o expediente de modificación das ordenanzas municipais para o vindeiro ano 2003. Segundo o previsto nos artigos 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 17 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este acordo inicial sométese a exposición pública, para os efectos de reclamacións e suxerencias perante o Pleno, por un prazo de trinta días, que comezarán a contar dende a data de publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia. |
|