Decretos

 

 

Fonte: BOP da Deputación da Coruña

 

Lista definitiva de admitidos e excluídos, composición do tribunal cualificador e lugar e data para o inicio do proceso selectivo para o nomeamento en propiedade de un cabo da Policía Local (BOP 09-06-2005)

Visto o expediente que se tramita para o nomeamento como funcionario en propiedade de un Cabo da Policía Local, polo sistema de promoción interna, segundo as Bases Específicas de selección que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local deste Concello na súa sesión da data 19/02/2004, publicadas integramente no "Boletín Oficial da Provincia da Coruña" número 56, da data 09/03/2004, anunciándose a convocatoria no "Diario Oficial de Galicia" número 54, da data 17/03/2004, e no "Boletín Oficial do Estado", número 125, da data 24/05/2004.

As Bases Xerais para rexer este proceso de selección foron aprobadas pola Comisión de Goberno desta Corporación Municipal na súa sesión da data 10/10/2002, que se publicaron integramente no "Boletín Oficial da Provincia da Coruña" número 261, da data 14/11/2002, e no "Diario Oficial de Galicia" número 233, da data 03/12/2002.

A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos a este expediente foi aprobada por Resolución desta Alcaldía da data 08/11/2004, que foi publicada no "Boletín Oficial da Provincia da Coruña" número 265, da data 17/11/2004, sen que contra a mesma se presentasen reclamacións nin corrección de erros.

Vistas as facultades que están conferidas a esta Alcaldía, RESOLVO:

Primeiro.-Elevar a definitiva a lista dos aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o nomeamento como funcionario en propiedade de un Cabo da Policía Local, polo sistema de promoción interna, que fora aprobada provisionalmente por esta Alcaldía a medio de Resolución da data 08/11/2004, do xeito seguinte:

 

Admitidos:

 

Nome do aspirante

D.N.I.

Prudencio Bragado Fernández

11.937.958-S

Pedro Antonio Fernández Iglesias

33.215.992-J

Juan Carlos Lema Vila

52.456.034-A

José Luís Martínez Chouza

52.450.342-S

Jesús José M. Millán Santos

76.504.918-H

José Javier Outeiral Ares

52.451.220-L

 

Excluídos: Ningún.

Segundo.-Designa-lo Tribunal Cualificador que xulgará o proceso selectivo, que estará integrado do seguinte xeito:

Presidente: O Sr. Alcalde, D. José Luís Torres Colomer; Suplente: o Segundo Tenente de Alcalde, D. Juan Miguel Fernández Pérez.

Vogais:

- Membro da Corporación: Titular: D. Manuel Ruiz Rivas; Suplente: D. Francisco Sieira Fernández.

- Representante da Xunta de Galicia: Titular: D. Alberto Souto Vázquez; Suplente: D. Maximino García Vázquez; ámbolos dous Cabos da Policía Local do Concello de Ames.

- Representante da Xefatura Provincial de Tráfico: Titular: D. Gonzalo Ocampo Suárez-Valdés; Suplente: D. José María Potel Lesquereux.

- Funcionario ó servizo da Corporación: Titular: D. José Antonio Brandaríz Castelo; Suplente: D. José Manuel Fernández Dios.

- Representante da Xunta de Persoal: Titular: D. José Andrés Alonso Paz; Suplente: Dª. María Sieira Ríos.

Secretario: O titular da Corporación ou quen legalmente o substitúa.

Contra a composición deste Tribunal poderase presentar escrito de recusación, de acordo co artigo 29, en relación co 28, da Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Terceiro.-Convocar ós membros do Tribunal Cualificador para que concorran á Casa do Concello de Riveira o día 5 de xullo de 2005, ás 11:00 horas, co obxecto de proceder á súa constitución e inicia-lo proceso selectivo na forma prevista na Base 8ª das Específicas.

Cuarto.-Os aspirantes admitidos serán convocados para a presentación e defensa do proxecto organizativo do posto de traballo no momento en que o Tribunal Cualificador faga público o resultado da cualificación dos méritos alegados polos aspirantes, mediante anuncio a publicar, exclusivamente, no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello de Riveira.

Riveira, 1 de xuño de 2005.

O Alcalde,

Asdo.: José Luís Torres Colomer

Nomeamento de secretaria particular da Alcaldía (BOP 28-07-2003)

De conformidade co establecido no artigo 104.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, faise público que por decreto desta Alcaldía da data 30.6.2003 resolveuse nomear a dona Purificación Cores Martínez como persoal eventual para desempeña-lo posto de confianza de secretaria particular da Alcaldía, coa retribución bruta anual de 20.354,44 euros.

Ribeira, 1 de xullo de 2003.

O alcalde, José Luís Torres Colomer.

Nomeamento membros da Comisión de Goberno  (BOP 08-07-2003)

Vistos os artigos 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e artigos 41.3 e 52 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, así como o artigo 8.1 do Regulamento orgánico municipal, esta Alcaldía vén en dispoñer o nomeamento como membros da Comisión de Goberno deste Concello ós seguintes concelleiros:

- Manuel Ruíz Rivas.

- Juan Miguel Fernández Pérez.

- María Esther Patiño Rey.

- Francisco Sieira Fernández.

- Cándido Castro Sobrido.

- María del Carmen Vizcaya Sampedro.

- Elvira Pereira Ageitos.

Déase conta desta resolución ó Pleno do Concello na primeira sesión que celebre que, en todo caso, será dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da nova Corporación, notificándose ademais persoalmente ós designados, e publíquese no Boletín Oficial da Provincia.

Convóquese á Comisión de Goberno para celebrar sesión constitutiva para o día 25 de xuño en curso, ás 11.00 horas.

Mándao e asina o señor alcalde, en Ribeira, dezanove de xuño de dous mil tres, perante min, o secretario xeral, que certifico.

O alcalde, José Luís Torres Colomer.

O secretario, Manuel Carrasco Uceda.

Nomeamento de tenentes de alcalde

(BOP 08-07-2003)

 

Vistos os artigos 21.2 e 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; artigos 41.3, 46 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e artigo 7 do Regulamento orgánico municipal, esta Alcaldía vén en dispoñer o nomeamento como tenentes de alcalde deste Concello ós seguintes membros da Comisión de Goberno, ós que lle corresponderá substituír na totalidade das súas funcións e pola orde de nomeamento ó alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata a toma de posesión do novo alcalde:

- Primeiro tenente de alcalde: don Manuel Ruíz Rivas.

- Segundo tenente de alcalde: don Juan Miguel Fernández Pérez.

- Terceiro tenente de alcalde: don Francisco Sieira Fernández.

Déase conta desta resolución ó Pleno do Concello na primeira sesión que celebre que, en todo caso, será dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da nova Corporación, notificándose ademais persoalmente ós designados, e publíquese no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte da sinatura deste.

Mándao e asina o señor alcalde, en Ribeira, dezaseis de xuño de dous mil tres, perante min, o secretario xeral, que certifico.

O alcalde, José Luís Torres Colomer.

O secretario, Manuel Carrasco Uceda.

 

Asignación de delegacións  (BOP 08-07-2003)

 

Visto o disposto nos artigos 21.3 e 23.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; artigos 43 a 45 e os seus concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e os artigos 6.1 e 13, 14 e 15 do Regulamento orgánico municipal, esta Alcaldía resolve conferi-las seguintes delegacións especiais a prol dos concelleiros que se indican, para a dirección e xestión das áreas de goberno municipal que a continuación se relacionan:

- Facenda e Patrimonio: don Manuel Ruíz Rivas.

- Deportes: don Manuel Ruíz Rivas.

- Obras Públicas, Urbanismo e Alumeamento: don Juan Miguel Fernández Pérez.

- Medio Natural, Parques, Xardíns, Praias e Limpeza Viaria: dona Elvira Pereira Ageitos.

- Persoal e Réxime Interior: don Francisco Sieira Fernández.

- Tráfico: don Manuel Ruíz Rivas.

- Cemiterios e Mercados: dona María del Carmen Vizcaya Sampedro.

- Igualdade, Acción Social e Maiores: dona Esther Patiño Rey.

- Sanidade, Consumo e Augas: don Cándido Castro Sobrido.

- Industria, Comercio e Turismo: don Antonio Manuel Teira Rivas.

- Asuntos Rurais: don José Manuel Brión Gago.

- Educación, Formación e Emprego: dona Juana Ermitas Crujeiras Vidal.

- Cultura e Festexos: don Luciano J. Fernández Martínez.

- Xuventude: don Miguel Ángel Vidal Tomé.

As delegacións que se outorgan comprenderán, exclusivamente, a dirección interna e a xestión dos servicios correspondentes, sen incluí-la facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros, que será exercida polo órgano municipal a quen corresponda a competencia, quedando, polo tanto, suxeitas ó réxime xeral previsto no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, ó non se contempla-lo alcance destas no regulamento interno da Corporación.

En todo caso, quedan excluídas as atribucións indelebles expresamente reservadas á Alcaldía no artigo 21.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Notifíquese esta resolución ós delegados para a súa eficacia, facéndolles saber que a delegación entenderase aceptada tacitamente se no término de tres días hábiles contados dende a devandita notificación ó concelleiro destinatario desta non fai manifestación expresa perante a Alcaldía de que non acepta a delegación.

As delegacións atribuídas producirán efectos dende o día seguinte ó da data deste decreto, sen prexuízo da súa preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, debendo darse conta ó Pleno do Concello na primeira sesión que este celebre, que será, en todo caso, dentro dos trinta días seguintes ó da sesión constitutiva da nova Corporación.

Mándao e asina o señor alcalde, en Ribeira, dezanove de xuño de dous mil tres, perante min, o secretario xeral, que certifico.

O alcalde, José Luís Torres Colomer.

O secretario, Manuel Carrasco Uceda.

 

BOP 09-06-2005

> Lista definitiva de admitidos e excluídos, composición do tribunal cualificador e lugar e data para o inicio do proceso selectivo para o nomeamento en propiedade de un cabo da Policía Local

BOP 28-07-2003

> Nomeamento de secretaria particular da Alcaldía

BOP 08-07-2003

> Nomeamento membros da Comisión de Goberno

> Nomeamento de tenentes de alcalde

> Asignación de delegacións

 Pechar/Volver