|
|
|
As causas dos incendios forestais (07-08-2003)
Chega a calor e con ela un ano máis unha praga dos incendios arrasa os nosos montes. Segundo estatísticas que se publican en diferentes medios só o 5% destes incendios teñen a súa orixe en causas naturais co que cabe deducir que o 95% restante teñen orixe "humana". Dende a administración invírtense millóns de euros en persoal e medios para apaga-lo lume unha vez encendido en lugar de levar a cabo políticas de prevención. Pode que esta morea de cartos que a Consellería de Medio Ambiente destina a apaga-lo lume sexa en boa medida a causa de moitos dos incendios porque o lume é a única xustificación para que eses cartos se invirtan. Por moitas fiscalías antiincendios que se inventen e por moito que se lexisle, o monte seguirá a arder se falla a prevención e aquí de prevención non queremos saber nada (como exemplo está o tema Prestige: oito meses despois estamos igual que antes por moitos contos que nos conten).
Incendio en el Parque Natural (22-06-2003)
Al hilo de las noticias sobre un incendio originado el pasado viernes en el Parque Natural a raíz de un "descuido" de alguien que estaba quemando rastrojos y, siguiendo la corriente de la anterior colaboración, deberíamos cuestionarnos el sistema que se sigue para conceder los permisos para quemar y el control que ejercen las autoridades sobre las condiciones en las que se realizan las quemas. Es evidente que se incumplen las medidas de seguridad y prevención por parte de los incineradores pero también es evidente que el control que ejercen las autoridades locales sobre el asunto es insuficiente. ¿Cómo es posible que se concedan permisos para realizar quemas en un Parque Natural? ¿Cómo es posible que un delito penable y sancionable por la Ley se maquille de descuido? Permisos para queimas (19-06-2003)
Dás unha volta por aí e, mires a onde mires, verás unha fogueira na que se queima maleza e residuos vexetais. A maioría destas queimas contan coa autorización municipal pertinente pero a maioría dos "pirómanos" ignoran totalmente as condicións nas que se ten que realizar a queima e que veñen especificadas claramente no reverso do documento emitido polo concello. Desde un punto de vista ecolóxico o lume non é a solución máis axeitada para eliminar maleza pero desde os concellos séguese a permitir esta actividade sen fomentar outras que favarecen a fertilización do solo ó tempo que non contaminan o aire. ¿Por qué non se organiza desde a Concellería de Medio Ambiente unha campaña dirixida a cambia-lo ancestral costume de queimar polo de triturar e descompoñer? O aire agradeceríao e a terra tamén. E tamén a paisaxe. ¿Tanto se recauda por estes permisos?
Por fin un punto verde (12-06-2003)
A ver se coa apertura do punto verde de Xarás cambia o panorama que se reficte en colaboracións anteriores. É de esperar que a resposta de quenes ata o momento non tiveron o máis mínimo reparo en abandonar todo tipo de materiais e enseres en calquera cuneta sexa a que as autoridades e a maioría dos ribeirenses desexamos. Unha conducta responsable á hora de desfacernos de desperdicios e trastos é a mellor opción para rematar cos "puntos limpos" espallados por tódolos recunchos da nosa paisaxe.
Día mundial sen tabaco (31-05-2003)
As 56.000 mortes que anualmente se dan en España polo consumo de tabaco non parecen ser arguementos suficientes para reduci-lo seu consumo. Tampouco as mortes, accidentes e descomposicións familiares producidas polo consumo de alcol parecen ser argumentos para desistir do seu consumo. As medidas que prohiben vender tabaco e bebidas alcólicas a menores tampouco parecen da-los resultados esperados e desexados. O panorama de loita contra o consumo destas "drogas legais" non ofrece para o futuro unhas expectativas moi positivas. Hoxe, por se-lo día que é, seguro que moitos fumadores e fumadoras se propuxeron por enésima vez deixar para sempre o tabaco. Fai hoxe tres anos que me propuxen -e ata o momento conseguín- deixar de fumar. Aínda que os dous primeiros meses sexan unha auténtica tortura, os beneficios á larga para os pulmóns e para o peto merecen a pena. ¡Ánimo! Adeus ó arao ibérico (30-05-2003)
Leo con consternación na Voz de Galicia de hoxe a nova da case segura extinción do arao ibérico coñecido aquí como pingüino galego. Noraboa individuos da miña especie: xa falta menos para que sexamos os únicos seres "vivos" sobre a Terra. ¿Cómo están as cousas despois de seis meses? (24-05-2003)
Aló van seis meses do desastre do Prestige e, por moi bonitas que o goberno nos queira pintar as cousas, o asunto non parece ir tan ben á vista dos estudios realizados por diferentes organizacións ecoloxistas que, senón máis, teñen tanta credibilidade como as fontes oficiais.
Velaquí un artigo publicado por Ecoloxistas en Acción o 23 de maio: Seis meses después del hundimiento del Prestige la situación sigue siendo grave
Axenda 21 e desenvolvemento sostible (21-05-2003)
O maior reto que ás sociedades modernas se lles plantexa é o de facer compatible o desenvolvemento económico e social co equilibrio do medio natural. Ata o momento leváronse a cabo actuacións puntuais para lavar un pouco a cara pero a situación de fondo que cimenta o noso nivel de vida é cada vez máis precaria e insostible. A puxanza económica que nos engloba depende case totalmente do petróleo e os seus derivados porque así o determinan os intereses das grandes multinacionais que dominan tódalas esferas do poder económico e político. Kioto, Río, Johanesburgo e outros cumios en busca do equilibrio entre ser humano e medio ambiente, aínda que algo positivo deixaran, non foron máis aló do que eses intereses lles permitiron. Desde a perspectiva da sostibilidade supuxeron estruendosos fracasos xa que se demoraron accións que tiñan que ser executadas con toda urxencia para evita-lo desastre global que cada día está máis próximo. A Axenda 21 local naceu como o intento de facer cidades humanizadas en base á actuación dos concellos en temas realcionados sobre todo coa planificación do desenvolvemento urbanístico e industrial, respectando sempre o equilibrio do medio natural, racionalizando a producción e o consumo de enerxía e xestionando eficaz e ecolóxicamente os residuos. A Axenda 21 local vén a se-lo marco consensuado entre tódolos axentes sociais que define o rumbo que a comunidade municipal toma para medrar todo o posible de xeito harmónico a partires dunhas potencialidades propias xestionadas dentro dos marxes da racionalidade e da sostibilidade. En Ribeira temos moitísimas potencialidades pero de momento non hai ningún marco que defina o rumbo a seguir polo que as espectativas de futuro son máis ben escuras. Agora que xa temos unha cidade nos límites da sostibilidade, chea de edificios e rúas estreitas, tomada polos automóbiles e polo asfalto, carente de espacios públicos axeitados para o ocio dentro do casco urbano, os gobernantes descubriron de súpeto que hai que humanizala e convulsivamente póñense a facer proxectos de aparcadoiros soterrados, prazas públicas e monumentos decorativos non contemplando os problemas que padece a cidadanía na súa globalidade. Se non sabemos a onde queremos levar a Ribeira malamente poderemos marcar un rumbo. A Axenda 21 de Ribeira é imprescindible xa. A ver quen dá o primeiro paso en prol da súa implantación. A Axenda 21 de Ribeira como alternativa necesaria (07-05-2003)
Leo a colaboración publicada nesta sección que baixo o título "A ecoloxía nos programas electorais" na que se critica que nos seus programas os diferentes partidos evitan tocar temas relacionados coa ecoloxía e, moi en concreto, o non mollarse na polémica incineración-compostaxe. Vexo que hoxe nesta web se publica o programa do BNG como xa se publicaron anteriormente os da IPR e o do PSOE quedando aínda por publicar o do PP pero, como supoño que seguirá defendendo SOGAMA, non merece a pena neste intre especular sobre as propostas ambientais deste partido. Coido que no caso do PSOE e IPR o autor da colaboración anterior leva razón dado que non aclaran ben a política ambiental a seguir pero, no caso do BNG, as cousas están máis claras. Falan de implantar a Axenda 21 Local o que suporía un salto adiante para este municipio co que se solucionarían boa parte dos problemas medioambientais que en Ribeira padecemos. Para saber máis sobre a Axenda 21 temos o exemplo da implantada na veciña Mancomunidade do Salnés.
A ecoloxía nos programas electorais (06-05-2003)
Botando unha ollada ós programas dos partidos que concorren ás vindeiras eleccións do 25 de maio decátome de que a cuestión ecolóxica prácticamente non a trata ningún. Se algo se toca en algún, faise máis fincapé en cuestións hixiénicas e estéticas que en contidos de máis importancia para a conservación e mellora do medio ambiente local e global. Non parece que ningún partido se queira mollar no tema Sogama. É normal que o PP defenda este modelo pero non é normal que os partidos da oposición non propoñan abandonalo para integrarse na Mancomunidade Serra do Barbanza e así desbotar a incineración como solución ó problema do lixo e adopta-la compostaxe como opción máis sostible. Se ningún partido dos que optan a gobernar Ribeira defende un tratamento de residuos diferente ó actual, a decepción para as moitas persoas que temos unha marcada sensibilidade ecolóxica será absoluta. Non podemos contentarnos só con que nos quiten o lixo de diante dos ollos. Temos que demandar actuacións que potencien a redución na súa producción e a reutilización e a reciclaxe como opcións preferentes no seu tratamento. O actual modelo no que se prima a incineración é, ecolóxicamente falando, insostible.
Outro "punto limpo" camiño de Moldes (03-05-2003)
Saes da casa coa túa familia coa intención de dar unha volta pola Curota e disfrutar da paisaxe neste tempo primaveral. Colles pola carretera da Carballa, pasas por riba da via rápida e, á man dereita, un pouco antes de chegar ó primeiro cruce atopas este panorama:
Ti, que selecciona-lo lixo e o botas no contenedor adecuado, que andas medio quilómetro para botar o vidro nun iglú e que chamas para que che veñan recoller un colchón vello, ó ver espectáculos coma estes sínteste despreciado. Con reclamos coma este seguro que acabamos tendo un turismo de calidade. Punto limpo que medra (02-05-2003)
Nunha colaboración anterior facíase mención ó depósito de escombros ubicado detrás da antiga escola para nenos gitanos coa intención de denunciar a falta de conciencia ecolóxica e a permisividade das autoridades. Cinco días despois da anterior denuncia séguense depositando no lugar todo tipo de desperdicios e aquí non pasa nada. Leva toda a razón quen defende a necesidade dunha educación ambiental. Habería que demandar tamén que as autoridades con competencias tomen as medidas necesarias para previr e corrixir estas desfeitas que ensombrecen Riveira como concello de interés turístico. A necesidade dunha educación ambiental (01-05-2003)
Non se pode dicir que o servicio de recollida de lixo deste concello en xeral sexa deficitario, tampouco se pode dicir que se chamas para que che veñan recoller calquer electrodoméstico vello ou enser non sexas atendido. ¿Cómo é logo que en lugar de empregar este servicio hai quen prefire tirar o que lle estorba na casa en calquera cuneta? ¿Cómo é que habendo diferentes contenedores para os diferentes tipos de residuos hai quen bota todo xunto no primeiro que encontra? Pois ten que ser cousa da pouca concienciación reinante no eido ambiental e esta pouca concienciación ten que ser cousa da escasa ou nula educación ambiental que a maioría das persoas que convivimos neste concello tivemos a oportunidade de recibir. Isto tiña que facer recapacitar ás autoridades se realmente lles preocupa o medio ambiente e a conducta ambiental dos cidadáns. ¿Por qué non se organizan abradoiros e actividades sobre educación ambiental orientados ós diferentes colectivos que compoñen a diversidade dos habitantes de Ribeira? Unha conducta ambiental correcta non aparece por xeración espontánea senón que hai que cultivala desde a máis tenra infancia. As actuais autoridades non semellan estar interesadas pola educación ambiental máis aló das actividades lúdicofestivas que de cando en vez se organizan máis para saír na foto que por sensibilidade ecolóxica. Nalgúns colexios esta educación tómase moi en serio -máis en serio que ese invento autopropagandístico auspiciado por un xornal de ampla difusión- pero isto parece non ser suficiente para reconducir a curto prazo certos comportamentos que a cotío se observan. Xa que temos unha concellería de medio ambiente con concelleiro ó frente, ¿por qué non tentamos cambia-las cousas?. Sería un paso adiante entre outros moitos que aínda hai que dar.
Enerxía eólica e impacto ambiental (30-04-2003)
Publícase no BOP de hoxe un edicto da alcaldía polo que se somete a información pública a solicitude de licencia para instalar os xeneradores eólicos no entorno de San Alberto e así poderen presentar reclamacións ou observacións todas aquelas persoas que se sintan afectadas ou perxudicadas. Con esta publicación dáse un paso máis na consumación dunha barbarie que, de levarse a cabo, suporá un triunfo máis da codicia sobre o sentido común e o benestar colectivo.
Aínda defendendo a ultranza a implantación de parques eólicos para producir electricidade a partir dunha enerxía limpa, non se pode defender de ningún xeito o proxecto aprobado sobretodo pola ubicación na que se vai realizar. Este parque eólico estará moi preto de zonas habitadas o que fará que o ruído producido chegue a ser insoportable en moitos momentos a maiores do impacto na paisaxe.
Tal como está plantexada a lexislación sobre este tipo de instalacións, o que se busca é un beneficio económico pola venta da electricidade producida a uns precios que casi triplican os de mercado o que deixa o aspecto ecolóxico nun plano secundario. Non se monta o parque por altruísmo ou afán de mellora do medio ambiente. Móntase amparándose nunha lexislación inxusta que prima o beneficio empresarial fronte ás necesidades de producir enerxías limpas e fronte ós intereses duns cidadanos que se ven despoxados das súas propiedades en favor dos intereses económicos de insaciables personaxes que, neste caso, teñen nome e apelidos.
¿Para cando o saneamento integral? (29-04-2003)
Que se saiba, en Ribeira só está en funcionamento a depuradora do Touro e non parece que teña a suficiente capacidade para tratar tódalas augas residuais que o casco urbano produce. A maioría dos sumidoiros das parroquias verten directamente ó mar sen ningún tipo de tratamento previo. Se a esto engadimos que nas parroquias do termo municipal están ubicadas un bo número de empresas máis negras que blancas, o saneamento faise absolutamente necesario. E non hai que identificar rede de sumidoiros e alcantarillado con saneamento integral. A rede de alcantarillado é necesaria para transporta-las augas residuais dos puntos de orixe ás plantas de tratamento, pero, se estas plantas non existen, non se pode falar de saneamento integral. Se se promete saneamento integral hai que falar sobretodo de depuradoras sen esquecer, claro está, a rede que ten que conectar cada domicilio, cada industria e cada potencial emisor coa correspondente planta de tratamento. Tal como se ven as cousas hoxe en día, aínda haberá que agardar uns anos para cumprir coa normativa da Xunta e moitos máis para acatar a comunitaria da que aínda estamos a anos luz.
Danos estéticos e outros danos máis graves (27-04-2003) Os vertedoiros incontrolados mentres só reciban materiais inertes non contaminantes e substancias biodegradables non representan un perigo ecolóxico máis alá do aspecto puramente paisaxístico. Con isto non quero restarlle importancia á degradación e deterioro que infrinxen ó medio ambiente, senón destacar o grao de nocividade que para este medio teñen outro tipo de verquidos que estéticamente pasan desapercibidos. Refírome ás cisternas que diariamente transitan polas estradas do noso concello transportando augas residuais de fábricas, establos ou pozos negros para esparcilas polas leiras ou vacialas nun río ou no medio do monte. Esta práctica é habitual e só nos chama a atención cando o cheiro que se desprende é realmente insoportable sen dar importancia ó alto grao de contaminación que sufre o chan e que logo se transmite á cadea alimentaria. En países comunitarios máis avanzados no que a tratamento de augas fecais se refire, estas prácticas están totalmente prohibidas dado o alto risco que entrañan para os seres vivos. Parece que en España se vai lexislar sobre este tema para evitar o impacto negativo destas prácticas tan arraigadas no noso entorno. Ogallá sexa para cando os danos non sexan irreversibles. Siguen aí (27-04-2003)
Cabe preguntarse se a policía local ten atribucións para retiralos da vía pública diante do lamentable estado que presentan e do risco que supoñen para a gran cantidade de rapaces que transitan polo lugar. Se non é así, suponse que algunha autoridade haberá con atribucións para poñer fin a esta "chatarrería clandestina" e a outras similares.
Na estrada que vai de Frións a Xarás, á man esquerda e perfectamente visible, a carón da antiga escola para nenos xitanos, está este punto limpo que pouco a pouco se vai enchendo de escombros e obxectos varios. Leva xa anos aberto co total consentimento das autoridades. Outro "punto limpo" nas Abesadas
Un pouco máis arriba mantense o depósito de coches abandonados que se denunciaba nunha colaboración anterior dentro desta sección. Se vas pola carretera da Carballa a Moldes podes atopar estes tres "puntos limpos" nos que se depositan co beneplácito das autoridades ambientais escombros de obra e toda clase de enseres.
Así se traballa aquí para seguir sendo un concello de interés turístico. Ben certo é que non lle damos importancia ó propio e, pola contra, admirámonos do alleo tendo o alleo, moitas veces, moito menos valor que o propio. Ó meu modo de ver isto é o que nos pasa en Riveira co Parque Natural que temos á porta da nosa casa e que non acabamos de ver como o auténtico tesouro da naturaleza que é. O único que parece chamarnos é escorregar polas Dunas abaixo a modo de xogo tal e como fan milleiros de excursionistas que as visitan ó longo do ano. Supoñemos que quenes teñen competencias sobre o mantemento, control e vixilancia deste espacio tampouco teñen conciencia da importancia ecolóxica do enclave pois doutro xeito non se explica o abandono que nalgúns puntos -no acceso ás Dunas por exemplo- se aprecia. Supoñemos que quenes ostentan competencias de dirección e xestión tampouco teñen conciencia ecolóxica e simplemente están a ocupar un posto de traballo para o que foron propostos a dedo como prebenda política. As páxinas informativas que na rede mantén a Consellería de Medio Ambiente son, desde un punto de vista ecolóxico, de un alto valor pedagóxico para quenes as visiten con intención de organizar un percorrido polos itinerarios programados. O malo é que as espectativas que nos posibles visitantes poidan xerar estas páxinas quedan totalmente defraudadas ó poñe-lo pé no destino. Se certo é que non se debe restrinxi-lo acceso a quenes veñan con espíritu lúdico-festivo, certo é tamén que non se nos pode deixar facer o que nos peta porque o que é un espacio a respectar, coidar e perpetuar non pode ser agredido nin alterado como ata agora se ven facendo. Quenes teñen funcións de dirección: a dirixir. Quenes teñen funcións de xestión: a xestionar. Quenes teñen funcións de vixilancia: a vixilar. Quenes só somos visitantes, observadores, admiradores ou estudiosos temos a obriga moral de respectar, coidar, dar a coñecer e perpetuar este tesouro que a naturaleza nos regala e que non apreciamos como deberamos. Se queremos un turismo de autobús e fiambreira que non xenera riqueza, que non valora o aspecto ecolóxico e que arrasa o entorno, deixemos as cousas como están. Se queremos ser receptores dun turismo de calidade, de alto nivel adquisitivo e respectuoso co medio temos que ofrecer servicios de calidade que engaiolen a quenes pasen por aquí para que volvan e espallen as marabillas do noso entrono polo mundo adiante. Cuando sucedió el desastre del Prestige el medio ambiente pasó a ser uno de los tres problemas que más preocupaba a la sociedad española casi al mismo nivel que el paro o el terrorismo. Pasados cuatro meses largos nos encontramos con que el medio ambiente está en el octavo lugar en cuanto a preocupación social. Si bien en aquel momento el caso Prestige inundaba totalmente los medios de comunicación, hoy es la obscena guerra de Iraq la que monopoliza titulares y portadas. En aquel momento todos caímos en la cuenta de que estábamos aniquilando el medio natural y de que había que tomar medidas urgentes para prevenir su deterioro. Hoy el medio ambiente ya no vende y por ello el debate sobre la cuestión ambiental desaparece de los programas electorales de las diferentes fuerzas políticas que concurren a las próximas elecciones municipales o, si acaso se toca, se hace tangencialmente y sin entrar en materia para no tener que explicar a la ciudadanía que no hay voluntad de cambiar las cosas. Esa por lo menos es la impresión que da. El concello de Riveira arrastrado por la política oficial de la Xunta se adhirió al plan SOGAMA con los ojos cerrados sin considerar otras alternativas en cuanto a la gestión de los residuos sólidos urbanos. Aún dejando claro que el vertedero de la Curota era una aberración y que con la gestión actual de la basura se pudo sellar, aún considerando que la recogida selectiva con vistas a un posterior reciclado es imprescindible, no hay que perder de vista que con el plan SOGAMA la mayor parte de los residuos susceptibles de ser quemados que generamos se incineran aún pudiendo ser reciclados. Y la incineración no es un procedimiento que respete el medio ambiente ya que lanza a la atmósfera grandes concentraciones de substancias tóxicas que luego los seres vivos respiramos. Sería de desear que los ciudadanos tomásemos en serio el problema de los residuos sólidos urbanos y exigiéramos a nuestros gobernantes su gestión viable y sostenible frente a las técnicas paleolíticas que en el siglo XXI se realizan y defienden existiendo otras alternativas viables tanto desde la perspectiva económica como desde la ecológica. Sabemos que el PP seguirá defendiendo el modelo insostenible de SOGAMA pero no sabemos si otras fuerzas municipales también lo defienden o, por el contrario, contemplan otras alternativas. Sería de desear que nos aclararan sus posiciones. Nos preocupa la guerra de Iraq, nos preocupa el Prestige y sus devastadoras consecuencias, nos preocupa el terrorismo, el paro, la vivienda, la inseguridad y muchos asuntos más pero no por ello debemos despreocuparnos del cuidado del medio ambiente porque nuestra actuación individual es importante y la gestión municipal decisiva. Coa inauguración da planta de compostaxe de Servia en Lousame ábrese unha alternativa ó tratamento do lixo moito máis ecolóxica cá auspiciada por Sogama na que a incineración parece ser a solución defendida e levada a cabo. Por moi rendible económicamente que sexa queimar boa parte do lixo para producir electricidade, dende o punto da conservación e mellora do medio ambiente a rendibilidade é alarmantemente negativa. Pola contra, o tratamento por medios naturais da materia orgánica para transformala en compost que logo se utiliza para crear solo fértil, hoxe por hoxe é a única alternativa ecolóxicamente viable. A presión da Xunta para impoñer Sogama como entidade xestora do lixo producido en Galicia beséase en criterios estrictamente mercantilistas e de defensa de intereses empresariais sen ter en conta para nada a calidade ambiental. Poñendo como disculpa a necesidade de desfacerse do lixo móntase un entramado económico de desproporcionadas dimensións que, en lugar de ter como obxectivo a consecución dunha cada vez maior calidade ambiental, céntrase na finalización de exercicios con balances positivos aínda que para elo haxa que endeudar concellos e deteriorar máis a xa deteriorada naturaleza. O concello da Coruña logo do desastre do vertedoiro de Bens optou pola compostaxe. Outros concellos do noso entrono -O Son, Noia, Lousame, Muros e Brión- están a optar por esta alternativa dentro dun proxecto conxunto. Ogallá con este proxecto se demostre a viabilidade económica da compostaxe dado que os beneficios para o medio ambiente están máis que demostrados a pesares da falsa propaganda da Xunta -en Galicia sobra solo fértil- e do seguidismo cego de moitos alcaldes. Miro para a Curota cada vez máis pelada, miro para o Tahúme cada vez máis desertizado e pregúntome quen é o a....l -con perdón- que pode afirmar que sobra terra na nosa Galicia. Aquí podedes atopar información sobre a compostaxe En días pasados procedeuse ó precintado dos desaugues de factoría conserveira de Corrubedo á rede pública de sumidoiros como medida para evita-lo insoportable cheiro que un día si e outro tamén temos que padecer as persoas que vivimos en Corrubedo. Tarde, moi tarde chega esta medida e por riba non evita o problema que estamos a padecer desde que esta fábrica empezou a traballar como conserveira tendo só licencia de almacén frigorífico. Tarde, moi tarde aínda que o Sr. Alcalde pense que por facer un paripé a pouco tempo das eleccións municipais vai limpa-la súa imaxe frente a quenes padecémo-lo problema. Antes, moito antes había que tomar medidas para que unha fábrica que incumplía a normativa ambiental de xeito flagrante e aínda así se lle permitía proseguir coa súa política de feitos consumados. Aínda así se lle concederon licencias desoíndo o clamor popular. Por falta dunha actuación inicial correcta por parte das autoridades municipais atopámonos agora cun problema de triple calado: por un lado os empresarios que din contar con tódalas licencias pertinentes para levar a cabo a súa actividade, por outro lado os veciños de Corrubedo que vemos amenazado o noso hábitat e a nosa saúde e por outro os traballadores que reclaman o seu dereito a un posto de traballo. Tarde e mal chegará calquera decisión porque non contentará a tódalas partes. Tarde e mal como casi todo o que depende das autoridades que nos gobernan. Atentado ecolóxico no Parque de San Roque Sen palabras pero con indignación Artigos publicados con anterioridade nesta sección poderiannos levar a persar que o dos vertedoiros é un asunto rural pero isto non é de todo certo. En rúas céntricas do casco urbano hai vertedoiros e as dúas fotos que se acompañan son a proba. Un deles está na rúa Cristóbal Colón e outro na Avenida da Coruña. Seguro que por desgracia non son os únicos.
Non ten explicación que habendo un servicio de recollida a domicilio gratuíta de electrodomésticos e outros enseres inservibles sigan aparecendo tirados á beira das estradas colchóns, lavadoras, neveiras, televisores, mobles, etc. Tampouco ten explicación que se permitan depositar escombros de obra á beira das estradas.
¿Vertedoiros incontrolados ou vertedoiros permitidos? Na beira de calquera estrada local, na beira de calquera pista, en calquer lugar a onde poida chegar un automóbil, xa sexa preto ou lonxe de zonas habitadas, podemos atopar vertedoiros incontrolados nos que se depositan coa total permisividade das autoridades toda clase de residuos.
¿A quen corresponde a vixilancia e control para que escenas coma estas non sexan habituais? ¿Onde está a brigada verde creada dentro da policia local para evitar estes vertedoiros e outras actuacións delictivas no eido ecolóxico? Recollida selectiva e incineración masiva Non hai moito tempo que todo o lixo que se producía en Ribeira ía parar ó vertedoiro da Curota onde se queimaba. Este proceso, ademais de producir un gran impacto negativo na paisaxe, supoñía un foco de contaminación para o aire, para o solo e para as augas tanto superficiais como freáticas. Coa entrada de Ribeira e os concellos que usaban este vertedoiro en Sogama o impacto paisaxístico corríxese co seu sellado, o impacto no solo e nas augas pode que se aminorara pero, en relación co impacto atmosférico, non se aprecian progresos: o único que se fai é deixar de queimar aquí para facelo masivamente en Cerceda. A trasnoitada política incineradora desta empresa pública orientada a desfacerse do lixo ó tempo que obtén ingresos pola enerxía eléctrica que produce está totalmente enfrontada á que lle correspondería polo significado das súas siglas: Sociedade Galega de Medio Ambiente. De ter que ser necesaria e lóxicamente unha empresa adicada a xestionar dun xeito ecolóxico e racional os residuos sólidos de vilas e cidades de Galicia pasou a ser un conglomerado de intereses mercantilistas no que se impón como obxectivo a consecución de beneficios en detrimento da xestión ambiental efectiva. Os vertedoiros controlados están a desaparecer da paisaxe -os incontrolados aumentan-, colócanse contenedores para unha recollida selectiva e o lixo desaparece da nosa vista pero, con esta xestión, esta desaparición é aparente porque a incineración non supón desaparición senón transformación. O que antes era sólido e posiblemente reciclable e reutilizable transfórmase masivamente en partículas gasosas que envelenan o aire que pasivamente respiramos. Ó tempo, outras formas alternativas de xestión do lixo promovidas por concellos en desacordo con Sogama son boicoteadas e desacreditadas sistemáticamente con argumentos tan falsos e inconsistentes como falsa e inconsistente é a política "ecolóxica" da Xunta. Ó igual que as Illas Atlánticas, o noso Parque Natural tamén está afectado polo chapapote. É evidente que evita-lo contacto do chapapote coas costas de Sálvora e Cíes non é traballo para humáns, pero permitir que entrara no Carregal máis ben parece un despropósito. Tódalas medidas que se tomaron foron erróneas, os traballos que se realizaron foron infructuosos, os efectivos do glorioso exército que reconquistou Perexil non foron quen de evitar unha invasión máis que cantada, a fortificación levantada para deter ó invasor non pasou de ser un castelo de area que se desmoronou cos primeiros embates da marea. Dende aquí preguntámonos quen será o/a responsable de tal desfeita. Supoñemos que, ó igual que en todo o relacionado co caso Prestige, a culpa será do temporal, das correntes mariñas, dos ventos dominantes, da oposición insolidaria, ... Entre tanto, a incapacidade, a incompetencia ou a soberbia que caracterizan a moitos/as dos cargos públicos que teñen responsabilidades sobre cuestións fundamentais das nosas vidas non se poden cuestionar. ¿Onde está a directora do Parque Natural que saía na televisión presumindo das medidas preventivas adoptadas? ¿Onde están o conselleiro e o ministro de Medio Ambiente? ¿Onde está a dignidade que os tería que levar a renunciar ós seus cargos? Mellor será que os ventos e as correntes mariñas nos marquen o rumbo e non estas xentes desorientadas. O desastre do Prestige e a conciencia ecolóxica Desde o 13 de novembro estamos a padecer as consecuencias da contaminación producida polo chapapote que transportaba o Prestige. Este chapapote cubriu de negro as nosas praias, os nosos cantís, as nosas illas e tamén a nosas almas, as nosas esperanzas e o noso futuro. A nosa beiramar non volverá xamais a ser o que era por moito empeño que poñan os gobernantes en facernos ver o contrario. Este desastre ecolóxico parece que espertou nas xentes unha profunda preocupación polo progresivo deterioro ó que estamos sometendo ó medio ambiente no que vivimos. É de agardar que esta profunda preocupación non sexa un sentimento pasaxeiro motivado polo impacto momentáneo da traxedia senón que se converta nunha constante no actuar do ser humano na súa vida cotiá. O chapapote do Prestige está a matar o noso mar e as nosas costas pero cada un e cada unha de nós a diario estamos a producir no medio ambiente unhas agresións que poñen en grave perigo o seu equilibrio. Con accións tan habituais como poñer en marcha o motor do automóbil, abri-la billa da auga ou sulfata-la viña estamos provocando unhos efectos negativos no aire, na auga e no solo que, de seguir aumentando na progresión actual, poñen en entredito a supervivencia da vida na Terra. A conciencia ecolóxica que aparece por mor das grandes catástrofes tamén se ten que manifestar nunha actuación positiva nas actividades diarias de cada un de nós para favorece-la conservación e mellora desa naturaleza que nos dá a vida. |
|