|
|
|
|
|
Colaboracións anteriores |
|
Están derribando el viejo cuartel para hacer un aparcamiento subterráneo. Y digo yo: -¡Ya era hora! Y me pregunto: -¿A dónde irán a parar los frondosos arces allí plantados? --- -Cumplimos -dicen unos en sus anuncios. -También yo cumplo -confieso-. Lo malo es que ya son muchos los años cumplidos a mi pesar y pocos los sueños alcanzados. --- -Ayer vi en Telesalnés -me comenta con sorna mi compadre rojillo él- que La Puebla es el puerto que más túnidos descarga de Europa. -¿Me vas a hacer creer que esa aldea que antes de haber vía rápida teníamos que atravesar tiene un puerto más importante que el nuestro? -le lancé sin compasión al sentir mi orgullo herido. -Pues sí, amigo mío -me respondió burlón-. Y eso que los muy tontos en lugar de construír chabolas en el relleno se dedican a hacer espacios verdes para que los niños puedan jugar y los jubilados pasear. -¡Mira para Maceiras! -refunfuñé-. Y eso que era el patito feo. -¿Sabías que en Boir ....? -empezó a decir antes de que yo le cortara. -¡No sigas que ya me imagino por donde vas! ¡Adiós! Bush, Blair e Aznar xa conseguiron, como pretendían, "liberar" Iraq. O pretexto inicial eran as armas de destrucción masiva que posuía Sadam e a ameaza que para o mundo supoñían. Hoxe está claro que Sadam non tiña esas armas nin era a ameaza que a propaganda yanqui nos pintaba. Está claro tamén que o que Bush pretendía era adueñarse dun territorio de gran valor económico coa disculpa de liberar ó pobo iraquí do sátrapa que os tiranizaba. Unha vez "liberado" Iraq, se as intencións de Bush foran as confesadas, tería que deixar que a ONU tomara o mando na reconstrucción material e na democratización social. Pero está claro que as intencións confesadas de Bush non teñen nada que ver coas reais. Unha vez destruído o poder de Sadam ízase a bandeira das barras e das estrelas como constatación da conquista e como aviso a nevegantes. Imos a Iraq para liberar a un pobo dun tirano que o masacraba da man doutros tiranos que tamén o masacran. O que ía ser un paseo militar para derrocar a Sadam está a converterse nunha auténtica masacre. As imaxes que nos amosan as televisións ou as fotos que aparecen na prensa fannos estremecer de horror. Tamén nos fai estremecer a frialdade e cinismo co que os deputados do PP alardean da piña que forman arredor do seu sumo sacerdote. Máis que un partido que está a gobernar nun estado democrático parece unha secta que sigue a un iluminado que a cada paso se alonxa máis da realidade. Defender este xeito de liberar pobos oprimidos a base de bombardealos con armas de destrucción masiva que matan máis oprimidos que opresores non parece ser a opción máis acertada. O PP está a defender esta opción a pesares de ter en contra á case totalidade da cidadanía española que non se sinte representada nos seus gobernantes. ¿Será este divorcio entre gobernantes e gobernados un suceso puntual e pasaxeiro ou terá consecuencias de maior calado? Se a cousa vai a máis que sexa para ben dos pobos oprimidos e das cidadanías non escoitadas. Desde no hace mucho sigo, a pesar de mis grandes limitaciones en el uso de la lengua gallega, esta página que considero una plataforma necesaria para expresar opiniones frente a los diversos pensamientos únicos que tratan de robar y coartar nuestras reflexiones personales y nuestras iniciativas divergentes. Me animo a escribir esta opinión a la vista de que también se publican colaboraciones que no están escritas en gallego. Es una prueba de respeto a la pluralidad, a la divergencia y a la libertad de expresión. Observo y celebro que no se recurra a la descalificación de personas en cuanto personas aunque se censure su proceder en relación con las responsabilidades públicas que ostentan. Observo y celebro también que no se polemiza sobre temas de escaso interés ciudadano como puede ser Riveira o Ribeira. El urbanismo, la seguridad vial y la ecología son problemas lo suficientemente importantes como para prestarles toda la atención sin olvidarse, claro está, de la libertad de expresión y otros derechos que a tod@s nos asisten. Xa temos unha opción máis para poder elixir ós nosos representantes no Concello. Iniciativa Progresista de Ribeira. Digo unha máis, non unha nova, pois preto do 90% das persoas que a forman, son os socialistas que ata o de agora viñeron exercendo a sua laboura municipal. A persoa que encabeza a lista electoral deixáralle o camiño libre ós mandamáis do PsoE e propiciou que os militantes presentaran unha alternativa. Nin con esas. Dende os despachos lonxe do noso pobo a cúpula touriñán decide, en contra da militancia, impoñer un candidato que ninguén quer. E digo que ninguén quer, porque coma cidadán que quer saber de quen o vai representar no Concello, interésome, pregunto, comento, infórmome en distintas fontes hata facerme unha idea do que teño que escoller. E de momento non é positiva. En escritos anteriores xa teño animado a que se presentara unha lista cas persoas que foron despreciadas polos dirixentes pesoístas. Benvida pois esa iniciativa. E dígoo con toda sinceridade, pois o xeito de convivencia menos mala segue a ser a democracia. Onde as minorías teñen que ser escoitadas, pero co deber de acatar o que decida a maioría. E a maioría aplastante neste caso dos socialistas ribeirenses está nesta iniaciativa que se presenta ós electores. Dende a miña independencia partidista quero, porque penso que debo, facer un chamamento á conciencia polo menos dos 1993 votantes que fai catro anos depositaron a confianza no grupo encabezado por Dª Rosa. Agora libre de ataduras de partido poderá representar mellor, se cabe, os intereses do noso Concello. E non estou facendo propaganda inda que o pareza. Só me dirixo ós que dunha maneira ou de outra se sentiron ben representados pola opción que elexiron daquela. Os Partidos son órganos de democracia, pero están formados por persoas. Polo mesmo o importante son as persoas. E máis nos comicios locais onde todos nos coñecemos ou debéramos coñecernos. O dito. BENVIDOS e SORTE. Elecciones: Tiempo de balances y promesas Después de casi cuatro años de sequía por fin llegan las lluvias. Después de cuatro años de pasividad y abandono llegan las prisas de última hora porque el tiempo se agota y de lo antes prometido algo pero no mucho. Más bien poco. Los gobiernos municipales se dan cuenta ahora de que ya pasaron cuatro años y que, para conservar el poder, hay que volver a prometer lo que ya se prometió en anteriores programas y que por soberbia, o desinterés o incompetencia no se pudo convertir en realidad. Realidades venimos demandando. Realidades venimos esperando pero unas realidades llegan, otras llegan como llegan y otras -tal vez las más urgentes y necesarias- no acaban de llegar. Algo se va haciendo pero comparado con lo que se hizo en municipios vecinos la realidad pinta muy negra. Residencia de ancianos. Muy bien. Sobresaliente. Traída de agua del Ulla. Muy bien. Sobresaliente. Concello de interés turístico. Muy bien. Sobresaliente. Pero ... ¿gracias a quién? ¿Gracias a una naturaleza que a pesar de las agresiones y abandono sobrevive o gracias a Medio Ambiente? Subvenciones a tododiós y tododiablo por hacer no se sabe bien lo qué. Bueno ... El comercio de votos y el clientelismo no son lícitos pero, por esta vez y sin que sirva de precedente, miremos para otro lado. Algo en limpio quedará en algún lugar o en algún bolsillo. O en algún monolito. Un polígono de industrias blancas en Couso. Bueno ... Sí. ¿Y las comunicaciones qué? ¿Por mar o por aire?. El polígono de Xarás saturado. ¿Ampliación? Nadie sabe. Nadie contesta. Parque eólico de san Ramiro -perdón, de San Alberto- sí. Industrias no. Así de claro y de triste. Nueva ordenación del tráfico y aparcamientos. Pues tan necesaria como el aire que respiramos. ¿Efectiva? Pues qué quiere usted que le diga. Peor que antes parece que no circulamos. Pero mejor tampoco. Cámaras para controlar el tráfico. De risa, de coña ... Impresentable. Un primer plan de ordenación urbana ahora, en 2003. Ya era imprescindible hace 40 años por lo menos. Ahora ya sólo caben remiendos. De realidades antes prometidas y ahora reprometidas ya hablaremos. Dejemos un hueco para la esperanza. Amén. O triunvirato de Bush, Blair e Aznar está empeñado en impoñer no mundo un novo xeito de entender as relacións entre as nacións e ata o momento as cousas parece que lles saen como eles querían. Os tres suxeitos xa se cargaron a ONU e van camiño de cargar a OTAN (feito que non me dá ningunha pena) e a Unión Europea. Esta nova orde mundial baséase exclusivamente na supremacia bélica dos EE.UU. como se está a demostrar na invasión de Iraq. ¿Era preciso un despregue de medios tan esaxerado para dominar un exército tan feble e rudimentario coma o iraquiano? Evidentemente non. Cabe pensar que este desproporcionado exhibicionismo de maquinaria bélica ten como finalidade amedrentar a todo o mundo islámico para que acepte o feito consumado de que quen manda no mundo é Bush e que quen o poña en dúbida pode ser borrado do mapa sen miramentos. Esta nova orde mundial baseada na lei do aplastamento do que discrepa, en lugar de servir para desactiva-lo terrorismo islámico -con esa etiqueta se vende o producto- o que vai conseguir é radicalizar máis a polaridade occidente-islam e potencia-lo fundamentalismo relixioso. O que non se comprende e qué fai Aznar aí metido. Parece que lle vai a guerra e por seguir no triunvirato ata pode chegar a dinamita-la democracia española que, coas súas imperfeccións, permitíanos vivir en paz. Nestes tempos de loucura belicista auspiciada e alentada polo Sr. Aznar as víctimas non son só as pobres xentes de Iraq. Hai outras víctimas colaterais que cada día teñen que da-la cara diante dunha cidadanía cada vez máis encolerizada pola actitude belicista dese señor de bigote que tiraniza o partido que nos goberna. Refírome ós alcaldes e concelleiros e concelleiras do PP que, a pesares de estar en total desacordo co xeito de pensar e actúar do seu líder con relación ó asunto Prestige e á guerra de Bush, teñen que manter unha disciplina de partido que lles impide manifestar os seus humanos sentimentos e teñen que librar así unha batalla innecesaria coa cidadanía. Unha destas víctimas é o noso alcalde. Quenes nalgunha medida coñecemos a Xosé Luis Torres atrevémonos a afirmar que non está de acordo en como se xestionou dende o primeiro momento o desastre do Prestige polo goberno central e pola Xunta. El mesmo foi unha víctima das mentiras de Mariano Rajoy (embaixador plenipotenciario de Aznar) quen, mentres os mariñeiros mantiñan unha loita épica co chapapote, afirmaba que as manchas estaban a moitas millas. O zarandeo que sufriu no peirao de Aguiño seguro que foi un dos episodios máis desagradables da súa carreira política e pode que fora tamén o comenzo do seu declive político por plegarse á disciplina do partido e non toma-las iniciativas que o momento e as circusntancias requerían. Ó día de hoxe, coa maquinaria de guerra americana arrasando Iraq co apoio incondicional de Aznar e a dous meses das eleccións municipais, Xosé Luis Torres é un ser humano de sensibilidade antibelicista que ten que escoller entre dúas opcións que marcarán o seu futuro político: dar un paso adiante e seguir a súa conciencia para desmarcarse das consignas belicistas do desnortado Aznar ou apostar por seguir a cegas estas consignas. Desmarcándose das consignas de Aznar sairía dese desánimo vital polo que parece estar invadido e seguramente recuperaría boa parte do electorado que dá por perdido. Non desmarcándose corre o risco de afundirse anímicamente e permanecer nun partido monolítico que máis aló de Fraga e Aznar non parece ter un futuro moi ventureiro. Democracia, Constitución, libertade de expresión e Consellería de Educación A contestación social xurdida a raíz da nefasta xestión levada a cabo polas autoridades no desastre do Prestige avívase coa posición adoptada por esas mesmas autoridades en relación co conflicto de Iraq. Prestige e Iraq son dous temas que están xerando na cidadanía unha contestación de tal calibre que desborda a capacidade de aguante do PP que ve como cada vez son máis as persoas que se atreven a manifestar públicamente as máis duras críticas ós seus gobernantes. Pero os gobernantes, en lugar de asumi-las críticas e rectificar nos seus desatinados propósitos, entérranse máis nas súas trincheiras e disparan contra todo aquelo que non concorde coas infalibles elucubracións do seu líder incuestionado. O mundo do ensino é seguramente un dos elementos sociais máis contestatarios fronte ó goberno que, para cortar esta contestación, opta por prohibir todo acto e manifesto nos que se invoquen os temas malditos. A Costitución garantiza a libre expresión das ideas sempre que non conculquen as dereitos doutras persoas e esta libertade de expresión é un dos pilares da democracia deste estado. A Consellería de Educación ven de prohibir que se empreguen as instalacións dos centros de ensino como soporte de traballos relacionados co chapapote ou coa guerra. Teremos que esquecer o "NUNCA MÁIS" e o "NON Á GUERRA" e pensar noutras verbas para seguir reivindicando as nosas teimas. Por aí empézase a escoitar "NON MENTIRÁS" "NON MATARÁS" O cisma no PSOE local por mor do desencontro entre a executiva rexional e a anterior executiva local pasa a unha nova fase ó contituír a militancia contrariada un novo partido para presentarse ás vindeiras eleccións municipais. Se ben a irrupción dunha nova forza no panorama electoral supón fragmentar máis á oposición ó PP de Torres e facilitarlle a consecución de máis concelleiros con menos votos, o beneficio para a política local pode ser importante. Ribeira sairía beneficiada porque o horizonte máximo ó que os representantes desta iniciativa poderían aspirar non iría máis aló do ámbito local por carecer a iniciativa dunha estructura territorial máis ampla. Isto é: os concelleiros e concelleiras desta forza centrarían o seu traballo dentro de Ribeira coas únicas miras de gobernar en Ribeira e sen ataduras nin intereses alleos á política local. Á vista está que a libertade de maniobra que teñen os partidos con estructuras territoriais máis amplas está moi mermada ben polo posicionamento ideolóxico do partido en temas globais que desdibuxa e contamina a temática puramente municipal, ben pola sumisión do subordinado ó superior na cadea de mando no organigrama do partido ou ben pola utilización da política local como catapulta para saltar a postos de maior relevancia institucional. Benvida sexa a Iniciativa Progresista se a súa implicación na solución da problemática de Ribeira é a que Ribeira precisa e que polo momento aínda non ten. Dende o día que se abriron sigo con interés a evolución dos resultados das enquisas desta web e coido que dan un perfil bastante aproximado do que en Ribeira está pasando e do que pensamos do que está pasando. Na enquisa de intención de voto para o 25M non me chama a atención que o BNG sexa a forza máis votada e que o PP sexa a segunda. O que me chama a atención e que o voto en branco sexa a terceira opción máis votada. Isto mostra un gran descontento co actual equipo de goberno e un escepticismo ante a oposición que puidera chegar a gobernar. O que está claro e que as dúas opcións do PSOE que se presentan ó 25M en lugar de sumar dividen, feito este que é unha verdadeira desgracia con vistas á posible, desexable e necesaria alternativa ó PP Chámame a atención que nas enquisas sobre seguridade vial e urbanismo, a pesares de haber na intención de voto unha porcentaxe aceptable para o PP, a gran maioría de votantes ve estas dúas cuestións mal ou moi mal. Disto dedúcese que a práctica totalidade dos votantes do PP ven o tráfico e o urbanismo como un gran desastre. Isto tiña que facer reflexionar ó actual goberno municipal aínda que a reflexión non parece ser o seu punto forte. O que tamén está meridianamente claro é que o feito de que o Alcalde sexa tamén Presidente da Deputación está valorado moi negativamente polo abandono diario no que se deixa esta cidade, abandono potenciado polo feito de que o segundo de a bordo tamén está máis adicado ó Parlamento que ás cuestións municipais que non favorecen os seus intereses propios e familiares. O don da ubicuidade divina non parece favorecer ós caudillos do PP local. Do que non cabe dúbida é de que serán as urnas quenes digan a última palabra e moitas veces, as urnas desdicen ás enquisas e ás esperanzas. Ogallá esta vez non. A menos de dous meses e medio das eleccións municipais as cousas no PSOE de Ribeira non poderían estar peor. Por un lado está a candidatura oficial á fronte da que está quen non parece te-lo mínimo apoio necesario entre a militancia e por outro lado está a militancia que non parece ter un candidato “sen quiemar” para constituír unha opción alternativa fóra das directrices da executiva rexional. Nesta circunstancia o batacazo electoral parece estar asegurado para calquera das dúas opcións. Os resultados obtidos polas dúas posibles listas na enquisa aberta en caramecheiro.net o 25 de febreiro -e aínda dándolles un elevado marxe de erro- poñen de manifesto que a candidatura de Domínguez non conta con apoios mentres que a de Juan Pérez -quen agora non quere presentarse nunha candidatura fóra das siglas do partido- obtén uns resultados aceptables pero sen deixar de se-la terceira forza local. Que os simpatizantes e adeptos socialistas se atopen o 25M con dúas listas diferentes para elixir vai supoñer, aínda que voten unha das dúas, unha dispersión de votos que favorecerá no reparto de concellalías ós partidos que concorren con candidaturas unitarias. A única incógnita que se plantexa nestas circunstacias é a seguinte: ¿Gañará o PP de Torres ou o BNG de Dominga Brión? A solución o 25 de maio. Poucos son os que se atreven a moverse na foto do PP de Aznar porque cando alguén se move pon en perigo a súa supervivencia dentro do partido. Que o alcalde de Muras, Isaam Algnam Azzam, médico de orixe sirio, manifestara públicamente e sen tapuxos o seu desacordo coa política de Bush e de Aznar en relación coa guerra contra Iraq abre unha porta á esperanza para que outros alcaldes e cargos do PP tamén se movan. En Ribeira agardabamos que o noso alcalde e alto cargo do partido se movera na foto cando empezou o desastre do Prestige e tentara poñer un pouco de orde na desacertada reacción da cúpula do seu partido, pero tal cousa non sucedeu. Agora, cando Aznar se empeña en meternos nunha guerra obscena e sen sentido, a totalidade do aparato do PP obedece incondicionalmente as ordes do seu caudillo e ninguén se move na foto agás este intrépido de Muras. E en Ribeira seguimos a agardar por un xesto pero o noso alcalde sigue calado e quedo. As manifestacións do alcalde de Muras recollen o sentir de moitos de nós que, sen ser iraquís nin palestinos, sentimos a dor do pobo iraquí e palestino como propia e por iso somos acusados de batasuneros. Benvido señor alcalde de Muras ás filas dos batasuneros que ladramos rencores polas esquinas. As súas palabras cheas de sinceridade seguro que van ser recompensadas nas urnas polos seus veciños mentres que outros clamorosos silencios -que non son propios pero que definen a quenes os manteñen- de seguro que serán penalizados como merecen. Cando se aproxima unha cita coas urnas os que gobernan prometen e os que aspiran a gobernar tamén prometen. A diferencia está que os primeiros prometen o que xa prometeron en anteriores ocasións e non foron capaces de realizar e outra fornada de novas promesas que ata ó máis iluso lle custa crer, mentres que os segundos simplemente prometen. Mentres uns prometen tendo ás súas costas unha morea de anteriores promesas incumpridas, outros simplemente prometen o que como oposición desalentada poden prometer. ¿A que promesas dar máis credibilidade? As promesas do Plan Galicia dos que gobernan en Madrid, con tantas estradas, tantas autovías, tantos trens de alta velocidade, tantos portos e tantas non sei cantas marabillas máis vannos deixar sen Galicia ós galegos e galegas que aquí moramos. O plan de aparcadoiros subterráneos do PP local vainos deixar sen Riveira a quenes nesta vila vivimos. Os dous plans son necesarios pero non hai que pasarse coas promesas sabendo que non se van poder realizar. ¡ NUNCA MÁIS promesas falsas ! ¡ NUNCA MÁIS propaganda enganosa ! ¡ NUNCA MÁIS mentiras ! ¡ Máis que nunca NUNCA MÁIS ! Greenpeace contra a guerra de Bush
Actúa para para-la guerra:
Cada vez está máis claro que Bush apunta a Iraq como blanco da súa maquinaria bélica por motivos puramente económicos. As industrias petroleiras e as armamentísticas son pilares da economía USA e en Iraq hai petróleo en abundancia e por riba é un lugar o suficientemente alonxado como para montar unha guerra e dar uso a un surtido arsenal de artiluxios para masacrar inocentes. O antecedente máis inmediato deste xeito de actuar está en Afganistán. Aló, co pretexto de aniquilar a Bim Ladem, non deixan recuncho sen bombardear e masacran a miles e miles de persoas inocentes pero Bim Ladem escapa. Eso si, o petróleo que hai no subsolo afgano queda baixo o seu control ó tempo que as fábricas de armamento vacían os seus almacéns e poden poñerse a producir morte de novo. Este xeito de actuar é un dos compoñentes do que se coñece como imperialismo americano no que Bush non é máis que un monicreque movido polos intereses dos poderes económicos que o auparon ó cargo que representa. Que o noso presidente apoie incondicionalmente e con tanto ardor as teses de Bush neste momento resulta un tanto sospeitoso. Seguro que non é por vender armas ós americanos pero nega-lo petróleo como causa xa non está tan claro. Algo de petróleo hai polo medio. Bueno, máis que petróleo chapapote. Aznar está enzoufado de chapapote ata máis arriba do bigote e en todo momento está queréndonos facer mirar para outro lado a ver se deixamos de pensar no jodido chapapote dunha vez. Apoiar a Bush en contra da opinión pública maioritaria é unha astuta manobra coa que quere lava-las manchas de chapapote pero co sangue inocente dos inimigos de turno do seu amigo que tamén son seus inimigos. O malo é que as manchas de sangue son permanentes e indelebles e marcan de por vida. ¿Non sería máis rentable contratar cos cartos de todos unha campaña de propaganda e autobombo ó estilo de dito e feito para limpa-la súa imaxe? Ó tempo que facía outra obra de caridade a empresas de amigos necesitados -de vergoña e dignidade- non tería que abanea-lo rabo agardando que o dono americano lle tirara un óso. ¿Onde están as chaves materilerilerile? A guerra declarada no PSOE de Ribeira entre as dúas opcións enfrentadas pola candidatura ás próximas eleccións municipais deixa ó descuberto actuacións irregulares por parte de persoas deste partido con responsabilidades en gobernos municipais anteriores por recibir propiedades inmobiliarias a cambio de favores urbanísticos supostamente outorgados a promotores. Pero quenes outrora compartiron tarefas de goberno e recibiron propiedades hoxe están en bandos enfrentados pola candidatura e esas propiedades convértense en armas coas que uns e outros atacan e defenden. Estas pasadas actuacións poden se-la causa do sorprendente silencio absoluto dos concelleiros deste partido diante de actuacións urbanísticas reprobables executadas polo goberno municipal actual. Claro está: de algunha maneira hai que merca-la impunidade. ¿Onde están as chaves materilerilerile?... canta baixiño a militancia que pensaba que tiña un local mentres os donos dos locais resolven as súas disputas patrimoniais. E mentres estas liortas se suceden no PSOE e mentres outras batallas se libran nun PP en guerra con Iraq, coa opinión pública e consigo mesmo, o descrédito dos políticos aumenta e os ciudadanos ímonos sentindo cada día un pouco máis defraudados e enganados por esas persoas que, simulando loitar polos nosos intereses, loitan en realidade polos seus privilexios. Nunca máis versus máis que nunca A expresión NUNCA MÁIS por si sola ten significado completo e con ela trátanse de conxura-los males que nos afectan a galegos e galegas nestes negros tempos de desacougo. Pola contra a expresión MÁIS QUE NUNCA por si mesma ten un significado confuso que sería preciso puntualizar por parte daquelas persoas que a defenden. ¿Que mensaxe nos queren transmitir? ¿Máis miseria que nunca? ¿Máis chapapote que nunca? ¿Máis clientelismo que nunca? ¿Máis abandono que nunca? ¿Máis soberbia que nunca? ¿Máis ineptitude que nunca? ¿Máis mentiras que nunca? ¿Máis imbéciles que nunca? ¿Máis fachas que nunca? ¿Máis caraduras que nunca? ¿Máis mentireiros que nunca? ¿Máis coñeiros que nunca? ¿Máis promesas que nunca? ¿Máis aferrados ó poder que nunca? ¿Máis asustados que nunca? ¿Máis prepotentes que nunca? ¿Máis ladróns que nunca? ¿Máis demisións que nunca?... O que está claro é que Galicia está MÁIS ASOBALLADA QUE NUNCA e o NUNCA MÁIS é a única esperanza. A praza de María Pita tomada polas forzas de seguridade e o pazo do mesmo nome tomado polo actor Aznar e a súa compañía de ministros comediantes para poñer en escena unha traxicomedia de pretendido desagrabio ó pobo galego na que os cartos son o único argumento. Cartos, cartos e máis cartos pero só cartos. Cartos exhibidos con prepotencia. Cartos repartidos con soberbia. Cartos para pintar de branco o negro chapapote e as negras conciencias. Cartos para comprar impunidade. Cartos, en definitiva, para a autopropaganda dun goberno fracasado e desconectado da sensibilidade dun pobo que quere algo máis que cartos. A ética política e a ética dalgúns políticos Co cese de Cuíña a raíz dos informes publicados pola Cadena Ser que o relacionan con negocios beneficiados co desastre do Prestige, ábrese unha esperanza nesta Galicia atenazada por moitos prestiges máis. Ata o momento as acusacións relativas á falta de ética dos políticos con responsabilidades de goberno eran calificadas polo Sr. Fraga como sandeces ou patrañas. A caída de Cuíña pon en evidencia que o goberno galego carece da ética política que tanto se nos vendeu. Agora temos argumentos para dubidar se detrás de cada obra que se realice ou detrás de cada actuación que se acometa non haberá un político con intereses e unha camarilla beneficiada. ¿Será o Sr. Cuíña o único político que se lucra do chapapote? Con tantos euros polo medio e tan pouca ética, moito nos tememos que van aparecer máis políticos petroleados. Comisión de investigación ¿para que? Que o PP galego votara a favor de abrir unha comisión de investigación para clarexa-lo desastre do Prestige é evidente que non contou co apoio dos dirixentes estatais do partido. Algo grave ten que estar pasando no PP para que naquelas tristes datas de novembro o señor Fraga estivera de caza ou presentando libros de cociña e abandonando as súas responsabilidades ó frente do executivo galego. Algo grave ten que estar pasando no PP de Madrid para que non se apoien as iniciativas do PP galego. A negativa de Madrid á comparecencia do delegado do goberno, á de ministros con responsabilidades no asunto ou á de autoridades estatais con participación na cadea de despropósitos non parece responder á demanda de apoio para acaba-la súa carreira política con dignidade. Máis ben parece un castigo ás ousadías europeístas que don Manuel se atreveu a plantexarlle a un Aznar empeñado na aniquilación de todo nacionalismo. No remolque e posterior afundimento da chatarra flotante o goberno galego pode que non tivera responsabilidades -no que sucedeu despois si- e de aí a súa disposición a abrir unha comisión de investigación. As decisións que causaron o desastre tomáronse en Madrid e aló de investigación non queren nin oír falar porque no goberno central non teñen as mans nin a conciencia limpas. Os grandes investimentos que nos anuncian non veñen porque don Manuel se presentara en Madrid con esixencias coma noutros tempos. Non veñen para devolverlle a dignidade que pide. Non veñen para limpa-las mans e a mala conciencia de Aznar e Cía. Seguro que veñen para merca-lo noso olvido. Seguro que veñen para merca-lo noso voto nas vindeiras eleccións. Que olvidemos a súa ausencia cando os precisabamos é difícil. Darlles o meu voto, imposible. Regalo de reis para Torres Colomer O mellor regalo de reis que lle puideron facer ó Sr. Alcalde de Ribeira chegoulle das mans do PSOE. O señor Louro nomea candidato á alcaldía a un independente que non quere saber nada da actual executiva local e a executiva local, á súa vez, tampouco quere saber nada do candidato independente. A división no seo do partido está servida e as eleccións municipais a catro meses. Tres incógnitas se plantexan a estas alturas: ¿Quen será o candidato definitivo? ¿Contará co apoio da militancia? ¿Contará co apoio dos votantes? A resposta ás dúas primeiras incógnitas tena que dar o propio partido pero a resposta á terceira tena que dar a cidadanía que observa e toma nota. Nesta coxuntura, a recuperación do voto perdido do PSOE pode ser unha empresa difícil e a decadencia do PP pode non ser a agardada. Todo indica que a imposición dun candidato independente á alcaldía por parte da cúpula socialista galega provocou nas bases do PSOE de Riveira un unánime rexeitamento. Se ben é certo que a nivel local hoxe por hoxe este partido carece dunha persoa co carisma necesario para recupera-lo electorado perdido e optar a substituír a Torres Colomer na alcaldía, a imposición dun candidato independente non parece ser a opción máis axeitada e moito menos cando sobre ese escuro persoeiro pesan actuacións fraudulentas que nun pasado non demasiado alonxado supuxeron para moitos empresarios perdas económicas importantes. En Riveira este señor sempre estará relacionado coa constitución da empresa GALFISH e todo o referente a esta empresa soa a fraude, pelotazo, asalto ás arcas públicas, atraco a empresas subministardoras, engano a traballadores, etc. A designación desta candidatura dende arriba sen contar coas bases, ademais de ser unha decisión equivocada por impoñer un candidato impresentable e por impoñelo a pesares das bases que en definitiva son quenes votan, vai supoñer un balón de osíxeno para o partido de Torres Colomer nestes momentos de asfixia por chapapote. O
pobo unido... ¿xamais será vencido? Nestas datas de adversos acontecementos desadormecen no noso corazón
sentimentos que nos indican a verdadeira dimensión social do ser humano.
Teñen que acontecer sucesos coma o do Prestige para que a solidariedade e
entrega ós demais esperten do letargo no que as vai deixando o
liberalismo radical e individualista que se respira na sociedade do
benestar que nos afanamos en defender. Esta hipotética sociedade do
benestar á que os que a disfrutamos non queremos renunciar non é
sostible en tanto as desigualdades no disfrute dos recursos comúns sigan
aumentando de xeito tan alarmante. Son alarmantes as diferencias que a diario nos amosan os medios de comunicación en tódalas partes do planeta. Mestres aquí, que representamos a quinta parte da humanidade, tiramos ó lixo alimentos, gastamos auga doce sen control, queimamos combustibles sen recato, o resto da humanidade está a padecer unha total carencia de medios e recursos que a pon ó borde da desaparición. O Prestige vai supoñer que moitos galegos e galegas queden nunhas condicións semellantes ás da maioría dos humanos que neste mundo habitan pero co agravante de que será baixo a tutela e protección dun réxime político que chamamos democracia, palabra que nos seus orixes significaba goberno do pobo e que na actualidade está oca de significado xa que de pobo se disfraza a oligarquía acaparadora dos recursos de todos, xa que de pobo se disfrazan altivos, escuros e soberbios persoeiros que só se lembran do pobo en épocas de eleccións, xa que de pobo se disfrazan parásitos que lle chupan o sangue con descaro e sen descanso. O pobo galego, e en especial o pobo mariñeiro, nestas datas tan adversas demostrouse a si mesmo que non precisa dos traficantes de democracia para gaña-las batallas máis comprometidas contra o veleno que chega polo mar que lle dá a vida. A primeira batalla contra o chapapote está gañada pero aínda está por librar outra contra os mercenarios dos señores da democracia que ofrecerán ouro a cambio de silencio. Nesta última batalla verase se a unión, a solidariedade e a entrega ós demais seguen espertas ou pola contra adormecen co ouro.O pasado mércores houbo en Ribeira unha concentración na praza do concello convocada pola plataforma NUNCA MÁIS. Quenes asistimos a esa concentración puidemos observar como ó lado da pancarta da plataforma se colocaba con total descaro a dun partido político. Coido que a gran maioría de quenes alí nos concentramos non o fixemos para apoiar a ningún partido político senón máis ben para todo o contrario. Eu persoalmente estaba alí para protestar contra a clase política que, polo que se ve, instalouse no vivir do conto e está ausente de todo aquelo que ten relación cos problemas e intereses reais da cidadanía. Por iso non podo consentir que un partido capitalice a miña presencia nesa concentración como un apoio a quenes se situaban detrás desa pancarta. Señores e señoras do partido que estaba detrás desa pancarta: A oposición municipal faise día a día levando ó concello os problemas reais dos cidadáns e cidadás e non colocándose oportunistamente detrás dunha parcarta na que as siglas do seu partido queren capitalizar políticamente o NUNCA MÁIS que nos convocaba. Se vostedes chegan a ser goberno municipal e gobernan tal e como exercen a oposición, que deus nos colla confesados. ¡Esperten dunha vez!
¿Dous grandes homes de estado man a man arranxando os problemas dos seus estados ou dous homes fumados que se rin dos problemas dos seus estados? Na presentación deste espacio maniféstase un apoio a José Luis Torres Colomer sempre e cando se mova na foto do PP e arrastre con él ós demócratas do partido. Boa parte das xentes de Riveira secundamos este apoio pero preguntámonos se o Sr. Torres non perdeu xa a oportunidade que se lle presentou co caso Prestige. A absoluta perda de papeis por parte dos gobernos galego e central puido ser o sol que a algúns mandos do PP lles pasou por diante da porta pero que, en lugar de abrir portas e fiestras para que entrara esa luz tan necesaria nas cavernas nas que se instalou a oficialidade, optaron por unha sumisión absoluta ó gran cazador sen darse conta que ese señor se convertera nun cadáver político que había que enterrar canto antes. Ó señor Torres pasoulle o chapapote por diante da porta e non foi quen de convertilo en sol para ese partido no que a sumisión absoluta ó lider impide calquer movemento na foto do pensamento único. ¿Pan para hoxe e fame para mañá? Coa chegada das axudas polo paro no sector pesqueiro e marisqueiro a causa dos verquidos do Prestige destápanse casos de auténtica picaresca que amosan o grao de impunidade co que se pode actuar co visto e prace da administración. Moitas das mulleres que traballan na conserva teñen o permiso para mariscar e, anque o traballo na fábrica está garantizado, abandoan este traballo para poder cobra-las axudas. Hai conserveiras que outros anos por estas datas paraban a actividade productiva para realizar traballos de limpeza e mantemento e que, para cobrar pola paralización da actividade industrial, retrasaron a rutinaria parada para entrar nos prazos de solicitude das axudas. Son moitos os mariscadores que teñen dados de alta a un ou dous familiares na actividade para poder duplicar ou triplica-lo cupo de extracción e, claro está, duplican ou triplican as axudas. Estas situacións irregulares e outras similares lévannos a pensar que moitas persoas que viven do mar están encantadas co desastre do Prestige pois ven aumentados notablemente os seus ingresos e, se por riba estas axudas son compatibles coas retribucións por realizar tarefas de limpeza, o chapapote é unha bendición. Estes feitos botan por terra a imaxe de solidariedade e entrega que mariñeiros, bateeiros e mariscadores amosaron na loita épica contra o chapapote e fainos volver a vista a feitos ocorridos anteriormente cando por exemplo, mentres toda a actividade laboral do municipio se paralizou para gardar loito oficial por mariñeiros falecidos, a lonxa funcionaba a pleno rendemento, os barcos estaban no mar e neles os mariñeiros traballando con total normalidade. Se isto é solidariedade, o chapapote é branco. Nesta situación, ¿será o Sr. Conselleiro quen de abrir á pesca e ó marisqueo zonas que están libres de contaminación? Eu, cada día máis escéptica e decepcionada, penso que o chapapote vai ser tan rentable para algunhas xentes do mar e outros aproveitados de turno como para a colleita electoral do actual executivo local e autonómico. Só nos queda rezar para que este “pan fresco” que o Sr. Aznar trouxo debaixo do brazo hoxe non se torne en fame para mañá. Para quenes dun xeito máis ou menos próximo observamos a vida política deste Concello hai certos comportamentos por parte dalgún persoeiro con responsabilidades de goberno que en nada benefician á cidadanía nin ó partido que goberna. A estructura xerárquica do partido que actualmente goberna este Concello na que o respecto ás consignas do que está máis arriba na cadea de mando é incuestionable non se manifesta nas actuacións e actitudes dalgún concelleiro que campa ás súas anchas dentro da súa parcela de poder. Para a maioría dos concelleiros do equipo de goberno este respecto á xerarquía lévaos a unha certa inacción ante o medo a non actuar de acordo co que puideran ser as consignas de José Luis Torres. Estes concelleiros aparentan ser xentes honradas que viven do seu traballo e actividades privadas e non sacan da política beneficios persoais senón máis ben o contrario. Pero hai outra clase de concelleiros que descaradamente viven e medran á conta do exercicio retorcido e patrañeiro da política. Quero pensar que a actuación deste tipo de concelleiros non ten nada que ver coas consignas do Sr. Torres Colomer e quero pensar tamén que o Sr. Torres non é coñecedor nin cómplice das trifulcas nas que está metido algún dos seus concelleiros. En todo caso é a el a quen lle compete toma-las medidas terapéuticas pertinentes para evitar que o mal siga avanzando e poida chegar a poñer en perigo a súa saúde política e en entredito a súa entrega a Riveira. |
|